Estimadas entidades e administracións, Comprácenos comunicarlles que ARELAS, Asociación de familias de infancia e mocidade Trans de Galicia, foi oficialmente recoñecida como Entidade de Utilidade Pública, en virtude da nosa traxectoria e compromiso coa defensa dos dereitos da infancia e mocidade trans, así como das súas familias. Este recoñecemento supón un importante respaldo institucional ao noso labor e reforza o noso compromiso coa promoción da igualdade, a sensibilización social, a incidencia política e o acompañamento e atención integral de familias e persoas trans ata 30 anos en todo o territorio galego a través de programas como Apodéra-T, Impúlsa-T, Sí, Somos ou TRANSÍtamos entre outros https://asociacionarelas.org/services/programas-e-recursos/ . Cos programas que poñemos en marcha ofrecemos información e orientación, acompañamento social e laboral, acompañamento psicolóxico, asesoramento xurídico-legal, acompañamento familiar, creación de redes de encontro e de apoio mutuo e mentorización.
Comentarios
Publicar un comentario