Adxuntamos formularios normalizados para solicitar copia da documentación clínica e a continuación indicamos as formas de presentar a solicitude.
- A través do seu Centro de Saúde: Entregar Carta/Escrito con sinatura orixinal do paciente e/ou persoa autorizada, achegando fotocopias dos DNI (e Libro de Familia en caso de menores ou falecidos). Se non queres facer unha carta, o Centro de Saúde dispón de Solicitudes Normalizadas.
- Rexistro Oficial: Entregar en calquera Rexistro Oficial. Carta/Escrito con sinatura orixinais do paciente e/ou persoa autorizada, achegando fotocopias dos DNI (e Libro de Familia en caso de menores ou falecidos).
- Rexistro Electrónico da Xunta: https://sede.xunta.gal - Por Correo Postal: Carta/Escrito con sinatura orixinal do paciente e/ou persoa autorizada, achegando fotocopias compulsadas por Organismo Oficial, dos DNI (e Libro de Familia no caso de menores ou falecidos). Enderezo postal:

Pódese enviar por correo interno ou por email (moito máis rápido e doado)
Servicio de Documentación Clínica
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Hospital Santa María Nai
Ext: 286176-286182-286189
e-mail:documentacion.chou@sergas.es
Comentarios
Publicar un comentario